Ir al contenido principal

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS SOSTIBLES POLA PAZ

 

   O día 31 de xaneiro celébrase nos centros escolares o DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA, é un día moi fermoso que nos leva a pedir Paz, evidentemente, pero tamén a repensar as nosas conductas,  as veces que podemos evitar discusións, se empregamos ou non un ton amable cos demais, se coidamos dos que temos ao lado, etc. En definitiva, un día para por en valor as cousas realmente importantes para convivir como persoas. 

  Nesta ocasion quixemos reutilizar as follas dos periódicos que temos no centro así que cada alumno e alumna deseñou a súa capa de superheroe e superheroína para reivindicar a Paz, coas nosas fermosas capaz baixamos ao patio a cantar e compartir tempo. 





Comentarios

Entradas populares de este blog

O BOSQUE DAS PALABRAS E OS DESEXOS

    Contámosvos que o alumnado de 5º e 6º tiñani moitas ganas de ver a neve , así que para recaudar fondos ocorréusenos promover unha iniciativa polo ben do planeta, que é o noso propio ben, e así non ter que vender cousas materiais que moitas veces nin usamos .     Pensamos en crear un "bosque das palabras e os desexos" Que como o fixemos??? pois non foi doado, pero conseguímolo.     Cada persoa podía apadrinar unha árbore, ofreceuse que esta árbore levara colgada un código QR no que figurase as palabras ou desexos que o "padriño o u madriña! quixeran. Deste xeito cada un podía recoñecer a árbore que apadriñara.     O domingo 6 as familias, alumnado e parte do profesorado encabezados por Carmen a directora, déronse lugar na comunidade de montes de Chandebrito, que foi a entidade que colaborou cedendo as árbores. Alí colaborando todas as persoas xuntas levouse a cabo a plantación e quedou constituido o bosque .     Despois disfrutouse dun chocolate quente e rosca cedida

SAMAÍN SOSTIBLE

Como ben sabedes, o 31 de outubro celebramos o Samaín, unha festa ancestral galega que ten a súa curmá no Halloween. Igual que nesta última o alumnado adoita vir con disfraces ao centro. Este ano quixemos por o noso gran de area a sostibilidade e ofertamos un banco de disfraces. Cada neno ou nena trouxo ao centro os disfraces que lle quedaban pequenos ou que non tiñan pensado por nesa ocasión. Os disfraces e máscaras entregados foron espostos na entrada así todas as persoas podían velos e decidir si querían tomar algún. Deste xeito fomentamos a aportación gratuita, sen esperara nada a cambio, e sobre todo reducir o consumismo e a pegada ecolóxica da roupa. Seguimos camiñando cara a formas de vida mais sostibles! via GIPHY

NADAL REUTILIZANDO

    Este curso seguindo a nosa liña de sostenibilidade propuxemos que a árbore de nadal se decorase un adornos feitos polo alumnado con material de refugallo. Cada un tirou de imaxinación e dos materiais que podía reutilizar para por a árbore ben fermosa. Moitas familias involucráronse tamén e tivemos unha gran variedade de complementos . Unha vez mais quixemos reducir  a nosa pegada ambiental reutilizando en vez de mercar novos adornos.  Quedou ben bonita , mirade!