Ir al contenido principal

SAMAÍN SOSTIBLE

Como ben sabedes, o 31 de outubro celebramos o Samaín, unha festa ancestral galega que ten a súa curmá no Halloween. Igual que nesta última o alumnado adoita vir con disfraces ao centro. Este ano quixemos por o noso gran de area a sostibilidade e ofertamos un banco de disfraces.

Cada neno ou nena trouxo ao centro os disfraces que lle quedaban pequenos ou que non tiñan pensado por nesa ocasión. Os disfraces e máscaras entregados foron espostos na entrada así todas as persoas podían velos e decidir si querían tomar algún.

Deste xeito fomentamos a aportación gratuita, sen esperara nada a cambio, e sobre todo reducir o consumismo e a pegada ecolóxica da roupa.




Seguimos camiñando cara a formas de vida mais sostibles!



via GIPHY

Comentarios

Entradas populares de este blog

O BOSQUE DAS PALABRAS E OS DESEXOS

    Contámosvos que o alumnado de 5º e 6º tiñani moitas ganas de ver a neve , así que para recaudar fondos ocorréusenos promover unha iniciativa polo ben do planeta, que é o noso propio ben, e así non ter que vender cousas materiais que moitas veces nin usamos .     Pensamos en crear un "bosque das palabras e os desexos" Que como o fixemos??? pois non foi doado, pero conseguímolo.     Cada persoa podía apadrinar unha árbore, ofreceuse que esta árbore levara colgada un código QR no que figurase as palabras ou desexos que o "padriño o u madriña! quixeran. Deste xeito cada un podía recoñecer a árbore que apadriñara.     O domingo 6 as familias, alumnado e parte do profesorado encabezados por Carmen a directora, déronse lugar na comunidade de montes de Chandebrito, que foi a entidade que colaborou cedendo as árbores. Alí colaborando todas as persoas xuntas levouse a cabo a plantación e quedou constituido o bosque .     Despois disfrutouse dun chocolate quente e rosca cedida

NADAL REUTILIZANDO

    Este curso seguindo a nosa liña de sostenibilidade propuxemos que a árbore de nadal se decorase un adornos feitos polo alumnado con material de refugallo. Cada un tirou de imaxinación e dos materiais que podía reutilizar para por a árbore ben fermosa. Moitas familias involucráronse tamén e tivemos unha gran variedade de complementos . Unha vez mais quixemos reducir  a nosa pegada ambiental reutilizando en vez de mercar novos adornos.  Quedou ben bonita , mirade!