Ir al contenido principal

O BOSQUE DAS PALABRAS E OS DESEXOS

 

  Contámosvos que o alumnado de 5º e 6º tiñani moitas ganas de ver a neve , así que para recaudar fondos ocorréusenos promover unha iniciativa polo ben do planeta, que é o noso propio ben, e así non ter que vender cousas materiais que moitas veces nin usamos . 

   Pensamos en crear un "bosque das palabras e os desexos" Que como o fixemos??? pois non foi doado, pero conseguímolo.

    Cada persoa podía apadrinar unha árbore, ofreceuse que esta árbore levara colgada un código QR no que figurase as palabras ou desexos que o "padriño o u madriña! quixeran. Deste xeito cada un podía recoñecer a árbore que apadriñara.  

  O domingo 6 as familias, alumnado e parte do profesorado encabezados por Carmen a directora, déronse lugar na comunidade de montes de Chandebrito, que foi a entidade que colaborou cedendo as árbores. Alí colaborando todas as persoas xuntas levouse a cabo a plantación e quedou constituido o bosque . 

   Despois disfrutouse dun chocolate quente e rosca cedida pola panadería A Pintora de Mallón. Sabedes cal era a conidición para poder disfrutar do chocolate? traer a propia cunca para non deixar plástico nen lixo no monte. 

 Aquí tedes as imaxes do día tan marabilloso







Comentarios

Entradas populares de este blog

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS SOSTIBLES POLA PAZ

     O día 31 de xaneiro celébrase nos centros escolares o DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA, é un día moi fermoso que nos leva a pedir Paz, evidentemente, pero tamén a repensar as nosas conductas,  as veces que podemos evitar discusións, se empregamos ou non un ton amable cos demais, se coidamos dos que temos ao lado, etc. En definitiva, un día para por en valor as cousas realmente importantes para convivir como persoas.    Nesta ocasion quixemos reutilizar as follas dos periódicos que temos no centro así que cada alumno e alumna deseñou a súa capa de superheroe e superheroína para reivindicar a Paz, coas nosas fermosas capaz baixamos ao patio a cantar e compartir tempo. 

NADAL REUTILIZANDO

    Este curso seguindo a nosa liña de sostenibilidade propuxemos que a árbore de nadal se decorase un adornos feitos polo alumnado con material de refugallo. Cada un tirou de imaxinación e dos materiais que podía reutilizar para por a árbore ben fermosa. Moitas familias involucráronse tamén e tivemos unha gran variedade de complementos . Unha vez mais quixemos reducir  a nosa pegada ambiental reutilizando en vez de mercar novos adornos.  Quedou ben bonita , mirade!

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

    No cole contamos cun novo mural no corredor de abaixo, foi grazas a actividade " Plantando árbores con pinceis", un proxecto escolar para a sustentabilidade que une a cultura e o coidado do medio ambiente mediante a realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben CO2 do medio. Unha iniciativa innovadora que pretende achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de lecer que fomenten o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.  Aquí tedes fotos do proceso e o resultado