Ir al contenido principal

Entradas

O BOSQUE DAS PALABRAS E OS DESEXOS

Entradas recientes

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS SOSTIBLES POLA PAZ

     O día 31 de xaneiro celébrase nos centros escolares o DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA, é un día moi fermoso que nos leva a pedir Paz, evidentemente, pero tamén a repensar as nosas conductas,  as veces que podemos evitar discusións, se empregamos ou non un ton amable cos demais, se coidamos dos que temos ao lado, etc. En definitiva, un día para por en valor as cousas realmente importantes para convivir como persoas.    Nesta ocasion quixemos reutilizar as follas dos periódicos que temos no centro así que cada alumno e alumna deseñou a súa capa de superheroe e superheroína para reivindicar a Paz, coas nosas fermosas capaz baixamos ao patio a cantar e compartir tempo. 

NADAL REUTILIZANDO

    Este curso seguindo a nosa liña de sostenibilidade propuxemos que a árbore de nadal se decorase un adornos feitos polo alumnado con material de refugallo. Cada un tirou de imaxinación e dos materiais que podía reutilizar para por a árbore ben fermosa. Moitas familias involucráronse tamén e tivemos unha gran variedade de complementos . Unha vez mais quixemos reducir  a nosa pegada ambiental reutilizando en vez de mercar novos adornos.  Quedou ben bonita , mirade!

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

    No cole contamos cun novo mural no corredor de abaixo, foi grazas a actividade " Plantando árbores con pinceis", un proxecto escolar para a sustentabilidade que une a cultura e o coidado do medio ambiente mediante a realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben CO2 do medio. Unha iniciativa innovadora que pretende achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de lecer que fomenten o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.  Aquí tedes fotos do proceso e o resultado

SAMAÍN SOSTIBLE

Como ben sabedes, o 31 de outubro celebramos o Samaín, unha festa ancestral galega que ten a súa curmá no Halloween. Igual que nesta última o alumnado adoita vir con disfraces ao centro. Este ano quixemos por o noso gran de area a sostibilidade e ofertamos un banco de disfraces. Cada neno ou nena trouxo ao centro os disfraces que lle quedaban pequenos ou que non tiñan pensado por nesa ocasión. Os disfraces e máscaras entregados foron espostos na entrada así todas as persoas podían velos e decidir si querían tomar algún. Deste xeito fomentamos a aportación gratuita, sen esperara nada a cambio, e sobre todo reducir o consumismo e a pegada ecolóxica da roupa. Seguimos camiñando cara a formas de vida mais sostibles! via GIPHY